Personajes de la Mitología Celta

ALE HOP TEATRO
PERSOAXES DE LENDA

• Chivo dos Montes e Hada da Lume
• “Demo” o Alado
• O Manciñeiro
• O Mouro “Peregrino”
• O Pequeno dos Buratos
• “Astor” o Guerreiro
• O Tantirujo
• “Gursan” a Oruga
• O Monxe (cuidador)
• “Musgoso” o Home Arbol
• “Bobo”
• Místico
• A Fada das Algas
• A Meiga Tronante
• Pandeiro 1 (nubeiros)
• Pandeiro 2 (nubeiros)
• “Os Folkers” 4 (Músicos)



O Chivo dos Montes.-
...dícese que é un dos seres mais característicos da Mitoloxía Celta en perigo de extinción, xa que se cre que so quedan 6 exemplares en todo o mundo. O seu cometido e moi especial, coidar e transportar a “Hada da Lume”……e tamén a “Hada da Luz”(dun xeito singular)...ista, se todo vai ben, o final pode que se nos presente.

E a única que existe, e nunca se sabe...


Demo “O Alado”.
E un dos persoaxes mas violento e carismático da peregrinación, xa que ainda sendo grande a sua sona de perigoso e agresivo, sempre se ve guiando a comitiva da luz, no seu percorrido (recibirá algo a cambio) protexendoos de calquera imprevisto.
Un dos seres da familia dos “Diaños”alados, majestuosos.

O Manciñeiro.
E unha mezcla entre xentil e mouro, atòpase entre as zoas de Cantabria, Asturias e Galicia, con unha altura esaxerada (case 3 m.) e unha inteligencia inusual. Conoce mil pócimas, ungüentos, sortilegios, esconxuros, trucos, encantamentos, e un bo amigo de todo o mundo (incluso dos humanos) e goza da música e da festa.

Mais...o que non debemos facer nunca e xuntalo cos Mouros Peregrinos. Desde fai xa centos de anos teñen desavenencias que fan moi perigoso o encontro entrambos.

O Mouro Peregrino.
Non para de camiñar, vai e ven desde o norte do noso país (Galicia, Cantabria, etc.) hasta Irlanda, Escocia e Gales, percorrendo polos escuros e frondosos bosques de media Europa toda-las covas, donde di a lenda que gardan preciados tesouros, que ainda ninguen poido descubrir.

Ten boa relación co Roblón Cántabro e similitudes na sua vestimenta e bastons, feitos con cornas, herbas secas e brezo.

O Pequeño dos Buratos.
Coma o seu nome indica e un ser menudo e juguetón, descendente directo dos Elfos e Trasgos, vive en pequenos buratos que fai el mesmo debaixo dos castros, cegando a construir laberintos kilométricos, verdadeiros mundos subterráneos. Acompaña asiduamente O Chivo dos Montes en toda-las suas correrías. Ten bo trato cos humanos si lle ofrecen unha boa xarra de viño.

Astor e O Tantirujo.
Guerreiro fero e maligno o primeiro, pertencente o grupo de "Opacos" tambén coñecidos polos Escuros e o seu inseparable compañeiro de fechorias O Tantirujo, cántabro vándalo donde os haxa, caracterízase polo seu peculiar gorro e o seu trato sospeitoso coa mandrágora, moi perigoso.
Habitan nas zoas boscosas mas escuras e recónditas.

"Gursan" a Oruga e o Monxe.
E o animal mas incrible que poidamos contemplar, híbrido entre a babosa, a oruga e o gusano, aliméntase dos despoxos e materias putrefactas das covas do seu habitat normal en Escandinavia, donde e custodiado polo Monxe das Mamoas (cavernas ruinosas), persoaxe éste silencioso e o mesmo tempo misterioso.
Contan que existe un serio perigo de que os Gursan houberan desaparecido definitivamente, xa que dos exemplares que baixaron no seu día o sur de Europa, fai moito que non se escoita falar de-les.

Musgoso o Home Arbol.
Pertencente a familia do “Xano” galego e dos Musgosus asturiano, xurxen dos contos de nevaos e montañas cántabras, contos e lendas máxicas.

Un ser que o revés de moitos dos seus compañeiros nesta peculiar peregrinación e bondadoso e afable, coidando e avisando os humanos dos perigos e dos seres malignos que os axexan.
¿O seu nome? Pola sua vestimenta característica, follas, musgos, hedras, etc.

O Bobo. danzarín incansable e un perigo para as mulleres humanas.

O Místico. Coa sua aura de paz, sosiego e sabiduría extraordinaria. Encargado de vixiar os movementos da “Hada do Lume”.

A Fada das Algas.
Filla dun “Lantarón” (ser anfibio) e un Hada de “cespede enganoso”.
Un dos persoaxes mas difíciles de atisbar, xa que pode mimetizarse con toda-las zoas verdes po-las que pasa collendo a cor do cespede e pasando desapercibida.

...e tamén pode que se acerquen a nosa celebración...

A Meiga Tronante. Mala moi mala, co seu libro de conxuros e a sua mascota “Erizu”

Os Irmans dos Pandeiros. Tamén denominados Nubeiros (polo que provocan cos seus tambores)

E por suposto, istos si que nos confirmaron a sua visita, A Banda de “Os Folkers”, coñecida por toda-las romerías e festas que se precien desde Galicia, Cantabria, Escandinavia, Escocia, Gales e Irlanda.
Po-la sua boa música e claro está, po-las suas borracheiras.

Mas de 16 persoaxes, xa que nunca se sabe nunha nova peregrinación cantos serán os ali achegados. A voz córrese moi rápido e istos seres máxicos incribles e por momentos imprevisible, manteranos coa duda hasta a mesma data, na que podremos saber o que nos agarda.
Gaitas, zanfoña, violín, bouzouki, clarinete, percusión e acordeón.
Carros, xaulas, fume de cor, nevaos encantadas, cabalos, lume e tempo para vivir unha LENDA………

….unha peregrinación teatral de persoaxes incribles e seres alucinantes. “LENDA”…….algo pa non esquencer.

MATERIAIS A UTILIZAR:
Carro pequeno para levar materiais varios, fumes, bengalas no percorrido da peregrinación (extintor camuflado)
Iste carro e arrastrado por unha das persoaxes, e custodiado po-la rexiduría da compañía.

Xaula da oruga, de tamaño mediano, que vai a ser utilizado tanto no percorrido coma na zoa das accións para levarla persoaxe “Gursan”.
Ista xaula e arrastrada por unha das persoaxes (extintor camuflado).

Estructura escenográfica para acotar e darlle fondo o escenario (posto pola organización), onde se han situar os 5 músicos e o equipo de son.

← VOLVER A PRINCIPAL
GALERÍA DE IMÁGENES
(Click para agrandar)